martes, 4 de abril de 2017

Romaría de San Lázaro 2017

Centos de persoas achegáronse un ano máis á capela de San Lázaro, para honrar a este Santo. Tanto na misa das 12:00 h., como na das 13:00, a carpa fíxose pequena para protexerse do Sol de xustiza que apertaba cando as nubes dábanlle paso, sobre todo na Misa Solemne.

Tras ambas misas a Banda de Música Municipal de Noia ofreceu o seu tradicional concerto. Este ano coa romaría tamén coincidiu que se celebrábase o Ralí de Noia que atraeu a moitos aficionados, polo que para aparcar houbo que facer números.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.