mércores, 8 de marzo de 2017

Lembrándome de miña nai no día da muller traballadora

Aínda que era unha muller carente de estudos, non se arredou en ningún tipo de traballo, «incluso nos que na súa época eran exclusivamente de homes», salvo na forestal noutros foi unha pioneira e non solo iso se non que aínda sendo do mal denominado «sexo débil», no mesmo tipo de traballo era moi superior algúns homes, aínda que seguramente se hoxe no mesmo traballo as mulleres cobran menos que nós a finais dos 60 e principios dos 70 a brecha salarial seguramente fose moito máis avultada a pesar de que os xefes que tivo, tanto na forestal como na única empresa privada na que traballou preferíana a moitos homes.

Nesta entrada de hai 5 anos case o dixen todo máis non quería deixar pasar esta data sen lembrarme novamente de ela. Esta foto coido que é a derradeira que meu imán i eu temos xuntos con ela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.