luns, 30 de xaneiro de 2017

Actos por Castelao no 131º aniversario do seu nacemento

Un ano máis o Concello de Rianxo e a Fundación Castelao organizaron este acto institucional en memoria do seu paisano máis ilustre e universal.

Ante o seu busto instalado nos xardíns a carón do Paseo de Ribeira, fómonos xuntando os asistentes ao acto, co alcalde Adolfo Muíños ao fronte da corporación municipal, o presidente da fundación, Carlos Mella, membros da fundación e un nutrido grupo de xente.

Á hora prevista tomou a palabra o alcalde para loar a figura de Castelao facendo un relatorio de tódolos actos organizados ao largo do mes de xaneiro para manter presente a súa figura e obras que ao largo da súa vida foi creando, así como lembrar a súa faceta política. De seguido tomou a palabra o presidente da súa fundación que con menos palabras, tamén resaltou a súa figura e traballo.

De seguido procedeuse á ofrenda floral que de forma conxunta pousaron ao pe do seu busto por parte do alcalde e o presidente da súa fundación

Coa interpretación do himno galego púxose fin a estes actos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.