luns, 31 de outubro de 2016

Lembrando aquel 12 de outubro: Cen anos de lembranza

Ao remate da misa que de xeito ininterrompido vimos celebrando na memoria de esta xente que xa forma parte da historia de Nebra e de Galicia, á que por parte do Concello acudiu María Maneiro en calidade de alcaldesa en funcións, depositamos a primeira ofrenda na tumba de Xenerosa Vidal e logo proxectamos de novo ante a presencia de 30 persoas a curta de Marisa Otero: Nebra.
Xa pola tarde presentouse o libro de Manuel Mariño del Río: Os tráxicos sucesos en Cans (Nebra) 1916
"Cen anos na lembranza"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.