martes, 11 de outubro de 2016

Lembrando aquel 12 de outubro: 17ª homenaxe

Ante a petición de algunha xente que por motivos laborais non puido asistir ao acto no que se pasou a curtametraxe: Nebra de Marisa Otero, á saída misa volverase a facer un novo pase, aínda a directora por motivos familiares que tiña previsto acudir á misa e ao resto de actos de este día, solo poderá estar polo serán.

ao remate da misa procederemos a facer unha primeira ofrenda na tumba de Xenerosa, xa que gracias ao permiso que me concedeu a súa neta "Enriqueta", que conviviu con nó moitos anos, foi polo que emprendín "esta aventura" dezasete anos, non moi ben vista por algunha xente.

Tamén me atopei e atopo que hainos que no ven ben o tema da misa, como se os de fora tivesen máis dereito a opinar que as familias dos falecidos. Igual non o saben, porque algunha de esa xente xamais veu a unha homenaxe e polos seus comentarios ás misa. Se así o fixesen verían como hai familias que non van a Cans e si á misa polos seus familiares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.