venres, 7 de outubro de 2016

Actos no centenario dos Mártires de Cans

Parece que foi onte, mais xa van aló 17 anos que botei a andar de xeito ininterrompido as homenaxes para lembrar a esta xente que por defendelos dereitos dos veciños e veciñas do Concello, encontraron a morte a carón da ponte de Cans. Erroneamente pensaron que se se poñían ao fronte da manifestación mulleres e novos, a represión non ía ser tan drástica, craso erro á vista do acontecido e que as autoridades e prensa, levaron ao seu rego.


Primeira ofrenda floral que se fixo cando se inaugurou a placa e o monólito. No seu tempo un descendente do veciño de Cans ao que ese día ían embargar para escarmento de todos, comezou a facer un, máis ao estar inmersos na Ditadura tivo que desbotar a idea e co tempo esa pedra desapareceu.

Na fita para recoñecer o seu valor e xesto pedín que se lle puxera sen ningunha identificación: Solo buscaban xustiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.