martes, 2 de agosto de 2016

Paseo nocturno polos petróglifos de Baroña

Ruta organizada pola Comunidade de Montes de Baroña, coa colaboración de Manuel Mariño del Río.

As fotos non foron moi logradas debido a varios factores, non estar afeito a fotografar de noite, non ter un flax externo moito máis apropiado para acadar mellores tomas e por último debido a gran afluencia de xente, non optar á mellor posición para os disparos.

Coñecendo agora a súa localización todo é achegarse ás mellores horas que é ao amencer ou polo solpor.

Ampliándoas ou descargándoas pódense observar varios elementos e animais que os seus autores inmortalizaron, non dou pistas, para que cada un os descubra.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.