martes, 5 de abril de 2016

Festival Benéfico a favor de A`Creba

Organiza A.F. "Os Salgueiriños"
Este ano o festival benéfico, irá dedicado á Creba. Xa están á venda as rifas deste ano. Unha noite con almorzo en Las Cabañitas del Bosque; ou se se prefire, un balón do R.C. Deportivo da Coruña, asinado por todos os xogadores; ou dúas entradas para o partido R.C. Deportivo - Xetafe do 1 de maio; ou unha camiseta do Real Madrid. Non te quedes sen a túa rifa!!!

Tamén xa están á venda xa os chaveiros feitos a man polos usuarios de A Creba que servirían de entrada para o festival. Só son 4 euros. Sumar á causa!!. Non te quedes sen o teu chaveiro!!