sábado, 19 de marzo de 2016

Festividade de San Lázaro 2016

Un ano máis decidín achegarme a San Lázaro xa que me trae moitas lembranzas e o día non puido ser máis propicio, iso seguro tamén foi o que animou a moita xente acudir para cumprila súas promesas.

Ao contrario que noutras romarías que teñen festa, a misa máis multitudinaria foi a das 12:00 H. A solemne coa procesión recuperada por Don Jose Ortoño, o cura párroco, celebrouse á 13:00 H., sendo acompañada pola Banda de Música de Noia.

Ao remate ofreceron o 2º concerto interpretando varias pezas que foron moi ben acollidas polo público que se congregou ao seu arredor.

A modo de anécdota un paisano que me veu sacar fotos e gravar vídeos, preguntoume para quen traballaba, polo que trabamos unha amena charla, ao remate do concerto.

Resultou que antes de emigrar para o Brasil formara parte da banda. Iso foi antes de desfacerse porque como algúns lembraran, o artífice da súa "resurrección" foi Miguel, o reloxeiro. Agora vive a cabalo entre o seu País de acollida e a súa residencia en Galicia, e sempre que pode onde toque unha banda alí está.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.