xoves, 18 de febreiro de 2016

Comunicado da comisión de festas da parroquia

Foto: Comisión
Páxina de Facebook da Comisión De Festas Nebra

A COMISIÓN DE FESTAS INFÓRMAVOS, QUE DECIDIMOS DEIXAR AS FESTAS.

TAMÉN NOS GUSTARÍA DESTACAR DE QUE ESTES ANOS FOMOS UN GRAN EQUIPO. EQUIPO QUE TRABALLOU POR UN OBXECTIVO COMÚN: DAR A ESTA PARROQUIA AS MELLORES FESTAS QUE ESTIVERON NA NOSA MAN.

AGRADECER A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE COLABORARON CON NÓS PEDINDO POLAS DIFERENTES ALDEAS, NA CANTINA, COS GAITEIROS… POIS GRACIAS A ESA UNIÓN FOI POSIBLE ESTE PROXECTO. E COMO NON, NON PODEMOS ESQUECERNOS DE TÓDOLOS VECIÑOS. A SÚA COLABORACIÓN FOI IMPRESCINDIBLE. GRACIAS A TODOS.

A NOSA ETAPA REMATOU PERO ESPERAMOS QUE OUTROS NOS TOMEN O RELEVO E DECIDAN EMBARCARSE NESTA GRAN EXPERIENCIA DE MOITO TRABALLO SI, PERO DE GRAN SATISFACCIÓN PERSOAL.

ESPERAMOS QUE AS TRADICIÓNS SIGAN VIVAS, POIS FORMAN PARTE DE NÓS COMO COMUNIDADE.

É verdade que solo os que nos puxemos nalgunha ocasión ao fronte dunha comisión, coñecemos traballo, suor e números que tivemos que facer para organizar as NOSAS festas. No meu caso a gratificación persoal que sentín, xa pasaron máis de 30 anos, aínda hoxe non se me fai nada doado de explicar.

Non digo cousas que non se saiban, en tódolos eidos hai xente sobre todo a que XAMAIS se implicou en nada, que sae co clásico: "se se meten é por algo". Pois claro que o é, faltaría máis, neste caso é porque loitamos para que as parroquias non quedemos sen festas.

Esa xente, non é o obrigatorio, debería pórse aínda que fose un ano ao fronte dunha comisión para sabelo "leite" que dan.

A primeira vez que me metín neste "fregado" foi en 1979, xunto con catro amigos botamos man das festas de Santa Rita, que xa daquela celebrábase en anos alternos. De feito unha casa da Aguieira, deunos 5.000 ptas e mesmo nos agradeceu que houbese festa.

Naqueles tempos non era habitual que para 2 días desen esa cifra.

Na década dos 80, con outra xente e incluso solo, tomei as rendas doutras festas até que por primeira vez xuntei todas baixo o paraugas de 1 comisión. Algo que a pesar do traballo que me deu, para min foi un acerto. Con todo iso grazas a certa xente especialista en poñer pexas no camiño, vinme abocado a cedelo timón.

Lamentablemente despois de iso, viñeron varios anos nos que se deixouse de celebrar algunhas, e o colofón foi que no 93 ou 94, non se celebrou ningunha, nin as da Balbanera de profunda tradición.

Oxalá isto non se repita e que alguén tome o relevo porque hoxe danse as condicións que non tiven na miña época: unha explanada envexable, zona ampla para aparcar e un local e zona excepcional para o bar da comisión que sen nada diso, dificilmente poderíanse levar a cabo tódalas festas nestes derradeiros anos.

Con todo iso houbo xente que se queixou que a luz a pagou a Comunidade de Montes. Sen embargo ben que calaron cando se fixeron festas privadas por xente non comuneira, que non organizaron con luz de candeas salvo as que usaron nas tortas.

Coma comuneiro estou de acordo en que usasen a corrente que paga a comunidade xa que é onde todos aportamos o mesmo capital.

Veña un pouco de humor por se alguén se anima e ideas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.