venres, 29 de xaneiro de 2016

In Memoriam Don José Santos Montemuíño

Don José deixándome inmortalizalo diante da Nosa Señora de Loreto, á que lle tiña unha gran devoción.

Cando quero expresar os sentimentos que me embargan dunha persoa que nos deixa síntome bloqueado. Houbo ocasións nas que comecei a escribir e non fun quen de acabar, agardo que nesta ocasión non me pase o mesmo.

Con Don José uníame moitos lazos comúns, mais voume a centrar só nun. Os dou adorabamos a Semana Santa de O Son, porque cando vivía miña nai levábame sempre ao Santo Encontro, e por iso cando os membros da Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor me propuxeron inmortalizar tódolos actos que organizaban ao largo da semana, aceptei ao momento e Don José estaba sempre ai para animarme cada vez que me ollaba a inmortaliza ou cando nos atopabamos nos actos relixiosos das festas.

Como escribín onte na foto teño comigo un presente co que me agasallou o día de Loreto do ano 2014, despois de sacarlle a foto que encabeza esta entrada.

Don José alí onde se atope, porque sen ser un fregués seu, sempre o admirei pola súa amabilidade e cordialidade.
D.E.P.
Verbas de agradecemento do Irma Maior da «Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor», D. Juan Pérez Pouso, a D. José.
Un dos meus últimos vídeos onde se pode ver, acompañando á Virxe do Carme de O Son na súa misa.
Unha das derradeiras fotos que gardo de el.
Esquelas de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.