domingo, 18 de outubro de 2015

Accidente en Nebra

Ás 10:15 h. produciuse un accidente na estrada AC-550 a altura de Quintáns. Tal e como se pode ver nas imaxes o condutor debeuse quedar durmido, xa que circulou como 10 metros por riba da beirarrúa, pasando entre 2 coches, aos que non tocou e o muro polo que foi rascando o seu. Logo de pegar na esquina saíu rebotado e "voou" dous metros até que chocou co Renault 19, que recibiu un forte impacto e como consecuencia foi bater contra un muro e o Peugeot 308.

Por sorte o ocupante saíu ileso, xa que lle saltou o airbag. Estaba algo atordado, mais non preciso asistencia médica, xa que en todo momento víase ben.

A pesar das reiteradas chamadas a Protección Civil, tanto pola grúa como polos propietarios dos coches afectados, ninguén colleu a chamada tendo que dirixilo tráfico os propios veciños, xa non é a primeira vez que se produce un accidente nesta zona, en parte culpa de que no seu día unha inmobiliaria "comeulle" o terreo á vella estrada, para facer unha urbanización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.