venres, 14 de agosto de 2015

A familia e amizades de Sonia non a esquecen!!!

O pasado mes de Abril arquivouse a causa de Sonia Iglesias desaparecida o 18/08/2010.

Ante a proximidade do 5º Aniversario da súa desaparición, a súa familia, amizades e todos aqueles que se queiran solidarizar coa súa familia, manifestaranse na Praza da Ferraría (Pontevedra)a partir das 21:30 do próximo martes.

Non queren que co paso do tempo se vaia esquecendo este caso e perdendo forza ata chegar ao esquecemento a desaparición de Sonia. Un compositor pontevedrés compuxo esta canción en memoria de Sonia, a intención da amizade que me enviou esta mensaxe é que desde a primeira hora da mañá dese día 18, se escoite por todos os recunchos, necesitan que a canción convértase no himno en memoria da súa querida Sonia.

Todos podemos axudarlles a que se escoite e en cantos máis sitios mellor, no teu traballo, coas túas amizades, a través das redes sociais. Necesitan que se escoite, que saiban as autoridades xudiciais e políticas que non a esquecen, que seguen esixindo que se siga investigando, queren facer que sexa o himno de recordo da súa conveciña Sonia. Compárteo, publícao, agardan a nosa colaboración e solidariedade.


Nota: aínda que modifiquei o texto para adaptalo á entrada, conservei a súa esencia. Se tes un blogue e queres compartilo, podes facelo sen necesidade de citala fonte.

O caso de Sonia Iglesias, arquivado


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.