luns, 17 de agosto de 2015

17 de agosto de 2015

Despois dos dous días máis festeiros de Galicia, nos que en Nebra celebramos o Día da Patroa e San Roque, coma sempre nas festas do ano teño no alto do mastro a nosa bandeira, hoxe tocou arriala a medias, porque aínda que xa non milite en ningún partido nacionalista sigo sendo fiel aos meus principios, cousa que algúns con carné, e disque con moito pedigree, non poidan dicilo mesmo.

«A miña Patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente como pode amar un fillo á súa nai. Endexamais a traizonaría aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa ata máis aló da miña morte. Se entende este tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis pola miña Terra. Fixen canto puiden por Galiza e faría moito máis se puidera. Se non podo seguir traballando máis por ela, gustaríame morrer pola miña Patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado.

E este «agarimo» –permítaseme a única palabra galega no idioma que falei sempre– que lle teño á Terra Sagrada na que tiven a sorte de nacer, non me obriga a sentir nengún odio a España, á que, por dereito pertenzo. Só combatín os seus erros, e, ás veces, as súas crueldades políticas para coa miña Galiza idolatrada. Máis nada».


Alexandre Bóveda Iglesias, naceu en Ourense o 4 de xuño de 1903 e foi fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.

O 17 de Agosto de 2013, a fundación que leva o seu nome solicitou en change.org a institucionalización do 17 de Agosto como Día da Galiza Mártir, precisaban 500 sinaturas e solo se acadaron 407... pobre bagaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.