xoves, 16 de xullo de 2015

Mamá aló onde esteas, parabéns na túa onomástica

Grazas Mamá por educarme cos teus valores.
Por ensinarme a dicir bos días, boas tardes, até logo e dar as grazas.
Por inculcarme o respecto aos maiores e a tratar á xente con amabilidade.
Por afacerme a pedir permiso, a saudar cun sorriso e amar ás persoas polo que son e non polo que teñen.
Por amosarme a ser feliz co pouco que tiñamos.
Grazas por sacar o mellor que había en min.


Escollín esta imaxe e poesía porque lémbrasme a cando iamos lavar ao río, SI cando iamos lavar xuntos porque até niso fuches unha adiantada no tempo ensinándome a colaborar nas labores do fogar porque ás veces non dabas abasto, e por desgraza serviume de moito, xa que con 44 anos partistes na viaxe sen retorno. Xa seria igual, pero ese día non che tocaba, porque aínda hoxe lémbrome moi ben, meu irmán e eu dixerámoste que non foses traballar a auga, que tiñamos días acumulados, mais fiel aos teus principios fuches.
Baixo o laranxeiro lava
cueiros de algodón.
Ten verdes os ollos
e violeta a voz.
Ai, amor,
baixo o laranxeiro en flor!
A auga do regato
ía chea de sol,
no oliveiral
cantaba un gorrión.
Ai, amor,
baixo o laranxeiro en flor!
Logo, cando a Lola
gaste todo o xabón,
virán os toureiros.
Ai, amor,
baixo o laranxeiro en flor!

Federico García Lorca







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.