sábado, 13 de xuño de 2015

Pleno constituínte de Porto do Son

O salón de plenos, instalado de forma provisional no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, que serviu de toma de posición da nova corporación municipal fíxose pequeno ao quedar fora a maioría dos veciños e veciñas que non querían perderse este momento tan transcendental para Porto do Son.



Aínda que Josefa Hermo, Asunción Torres e Ánxela Franco como cabezas de lista polos seus partidos postuláronse para ser alcaldesas, ao final non houbo sorpresas, xa que grazas aos sete votos do seu grupo, José Luis Oujo Pouso volverá a ser alcalde por outros catro anos máis.


Ante un público totalmente entregado recibiu de mans de Joaquín García García que por idade presidiu o Pleno, o caxato de man gañado tras unha maioría absoluta incuestionable.
O xa alcalde agradeceu aos presentes o apoio recibido o pasado 22 de maio e dixo "este bastón tamén é voso e póñome a vosa disposición e á da oposición para gobernar todos xuntos estes catro anos", rematando con un, "as portas do Concello están abertas para todo o mundo".
Pousado do equipo de goberno co caxato. De esquerda a dereita: José Manuel Dean Pouso, Juan Jesús Pérez Santos, Antonio Romero Ribeiro, María José Maneiro Quintáns, José Luís Oujo Pouso, Joaquín García García e María Magdalena Pérez Millares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.