domingo, 26 de abril de 2015

Os Mártires de Carral no seu 170 cabodano

Se onte en Portugal celebraban a rebelión dos Caraveis (Revolução dos Cravos), dando fin a ditadura salazarista sen derramar sangue, en Galicia tal día coma hoxe, hai 170 anos «nacían» os Mártires de Carral.

Aquel 26 de abril de 1846 o capitán Jacinto Dabán xunto con outros oficiais que tamén foron fusilados ese día, participara no levantamento liberal progresista encabezado militarmente polo coronel Miguel Solís que se proclamou en Lugo o 2 de abril contra o goberno Narváez co que se producira un recorte de dereitos e liberdades e unha centralización administrativa.

As tropas sublevadas foran derrotadas finalmente en Cacheiras (Teo), 3 días antes polas do xeneral De la Concha, moi superiores.

Carta do capitán Jacinto Dabán, unha hora antes da súa execución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.