martes, 21 de abril de 2015

Lois Oujo, intentará revalidar a alcaldía

Lois Oujo Pouso, candidato polo Partido Popular a alcaldía de Porto do Son, presentou o pasado sábado ao seu equipo co que intenta volver a seguir ostentando o bastón municipal o vindeiro 24 de maio.

Unha abarrotada Casa de Cultura da Vila, acolleu a militantes e simpatizantes do PP. Arrouparon ao candidato, Alfonso Rueda, secretario do PPdeG, Diego Calvo, presidente da Deputación, o deputado nacional Antonio Insúa, varios alcaldes da bisbarra e o candidato por Noia.



Rueda destacou o papel motivador que veu en Oujo de cara á procura de subvencións para o Concello, co único fin de levar a cabo os seus proxectos, a pesar do momento de crise que se vive.

Pola súa parte o presidente da Deputación, despois das gabanzas consabidas, preguntouse como era posible que un partido político tratase de boicotear unha subvención para paralizalo saneamento en varias parroquias.

Pechou o acto o candidato agradecendo a dedicación e capacidade do equipo no que se apoiou neste mandato para poder levar a cabo o seus proxectos. Á esquerda os catro primeiros da lista e á dereita todo o equipo.



Entre os logros da lexislatura nomeou a construción da gardería, da piscina, da unión das dúas asociacións que había na Vila, e a construción e posta en marcha do punto limpo. Tamén destacou as actuacións en materia de saneamento levadas a cabo en diferentes parroquias, coa construción dunha depuradora en Baroña, e un pozo de bombeo en Nebra, todo elo, a pesar das trabas da oposición



Rematou prometendo que se logra manter o bastón seguira traballando polo Concello e que o saneamento integral seguirá sendo unha das súas prioridades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.