xoves, 5 de marzo de 2015

A teima do BNG de Porto do Son coas "tabernas"


Aínda que o artigo apareza asinado tamén polo PSOE e o GM Non Adscrito, ao estar publicado na web do Bloque, manteño a postura, quen o escribe é o que menos pode opinar do tema.

Se só fose ese o problema non me importa moito porque non pertenzo ao gremio, mais como militei no partido sei ben quen facía a maioría dos escritos do Nordés, e ollando estas coincidencias parece que segue imperando a maneira do impostor que temos de presidente de facer amigos, terxiversando as cousas e a verdade.

Estiven na asemblea que "non se debera repetir o acontecido", da que o impostor grazas á complicidade do secretario, escribiu o que lle ditou punto por punto «cousa que comigo tentou pero non achantei», burlarse de todos os veciños e comuneiros con esa nota, ao igual que fixera na asemblea. A súa postura si que foi propia dunha taberna. O único que fixo a xente ese día foi preguntarlle as dúbidas, e ante a indiferenza e os desplantes do agora presidente ilegal, foi polo que a xente, xa queimada de tanta soberbia, o deixou alí só no local.

Como non estiven no pleno do PAI non podo opinar, só me limitei a ler opinións vertidas pola xente, doída polo tratamento que se lle dou por parte da oposición. Porén, por moito que a xente berrase «segundo a interpretación do seu escrito», seguen sendo veciños do Son e non deberían menosprezar nin dirixirse a ningunha persoa como "energúmenos", que esa si que sería unha palabra que calquera empregaría nunha taberna, pero non algo para expoñer nun documento oficial «e os dous grupos asinantes non deberan deixarse enredar e estar de acordo con esas formas de expresarse, pois saen igual de mal parados».

Resumo da asemblea que cito: Politizando a comunidade... de novo

2 comentarios:

  1. No bloque son moito de botarlle a culpa aos demais, eles son uns santiños que nunca romperon un ovo. A súa dialéctica e insultos xa os coñecemos, antes os seus brancos eran a oposición, comezando por Groveiro, Quintáns, Quiñoy, Tomé e por último Luís, pero despois non tiñan inconveniente en ir tomar un café xuntos como vin varias veces a Ánxela con Quintáns, cando se fixeron tan amigos despois da moción.
    Na política pasan estas cousas, á vista do público e da prensa berran, pero logo tan amigos. Nos meus anos de vida, non lembro no Son, nin en outro Concello que a oposición insultase e por escrito ao público asistente a un pleno, si que se deron casos de cruzar acusacións entre gobernantes e publico, nalgún plenos sobre todo cando foi da moción de censura.
    Agora por sacarse o morto acusan a Oujo de que en catro anos non fixo nada, cando curiosamente hasta fai pouco Asunción tamén formaba parte de ese goberno, polo tanto tamén terá a súa parte de culpa de non facer nada. Cando comece a campaña xa veremos o ben parada que a van deixar quedar.

    ResponderEliminar
  2. Moito criticar as tabernas que agora practicamente non existen, se non que nos transformarmos en bares, pero a eles ben que lles gustan tamén e sobre todo ó presidente da comunidade Nebra que cada dous por tres deixase caer nun do Empalme, que os veciños practicamente teñen vetado, ben na barra, ben no comedor. Ou polas romarías, a ver se cae unha cervexa. Coas súas vidas poden facer o que lles pete, pero que respecten o noso gremio, que escoitando unha gravación que colgou un veciño, iso non se parece en nada ao que critican. Non vou dicir ó que me parece por respecto ós enfermos.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.