xoves, 19 de febreiro de 2015

Queima do Filipiño en Porto do Son

Un ano máis o enterro do Felipiño, foi seguido por centos de veciñas e veciños. As viúvas participantes, algunhas moi noviñas vestidas como mandan os canons co tradicional loito e pano na cabeza. A comitiva partiu desde a rúa da Atalaia percorrendo varias rúas e prazas até chegar O Tendedeiro, onde foi queimado no medio dunha grande expectación sobre todo dos máis pequenos.


A mofa este ano estivo dedicada a Rato, moi ben caracterizado e a Blesa, polas súas famosas Tarxetas O "Pacas". O "paseo" do xa finado foi amenizado polo grupo de Gaitas Canlebó de Camboño (Lousame).


Ao remate da queima no medio de fogos artificiais, degustouse nas instalacións do club náutico sonense, un chocolate para escorrentalo frío acompañado dunha rica rosca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.