luns, 16 de febreiro de 2015

Domingo de Entroido en Nebra

Organizado pola ANPA do CEIP SOBRADO NEBRA, celebrouse no local da Comunidade de Montes o domingo de Entroido por todo o alto, con unha alta participación de veciñas, veciños, rapazas e rapaces, que por un día deixaron a vergoña na casa, lucindo todo tipo de disfraces, cos que se presentaron aos dous concursos abertos, un para maiores e outro para os máis novos, con entrega de diplomas para todos e agasallos premios
para os tres primeiros clasificados. Os nenos, a maiores recibiron unha bolsa de lambetadas.



A participación foi moi alta, nalgúns casos con traballos moi elaborados e noutros espraiando a súa simpatía.



A velada estivo amenizada en todo intre por Paco de Leña, que interpretou a súa música de tódolos estilos.



Estas cousas non se improvisan dun día para o outro, e antes en moitos fogares dedicáronse a preparalos pratos típicos destes días: «filloas de sangue, brancas, orellas, rosquillas, bolos de vento, tostadas, etc.»,
dos que os asistentes deron boa conta.



Organizar todo isto carrexa uns gastos, que se trataron de minimizar con un sorteo de dúas cestas completas para unha lacoada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.