venres, 30 de xaneiro de 2015

Marcha silenciosa pola morte de oito cans en Porto do Son

Partido Animalista: A protectora Arca de Noia convoca unha marcha silenciosa para denunciar o envelenamento de oito cans da localidade

O pasado 20 de xaneiro, un veciño de Porto do Son (A Coruña) atopou a 7 dos seus 8 cans mortos e ao oitavo agonizante na leira onde coidaba deles. Os cans formaban parte da súa familia, que habían rescatado da rúa.

Tras chamar á Garda Civil e á protectora de animais Arca de Noia para que lle axudasen, o Seprona abriu unha investigación para aclarar os feitos e sospéitase que os cans foron envelenados con estricnina, sustancia barata e prohibida en toda a Unión Europea desde setembro de 2006.

Para Luísa Santos, presidenta da protectora Arca, o sucedido é «tan extremadamente grave» que require pór en marcha unha campaña para condenar o ocorrido e «pedir xustiza ante os asasinatos de animais».

É por iso, polo que o vindeiro domingo 1 de febreiro ás 18h Arca de Noia convocou unha marcha silenciosa fronte ás portas da casa consistorial de Porto do Son (A Coruña).

Desde o Partido Animalista convidámosvos a que acudades á concentración e agradecemos a todos os veciños que se puxeron en contacto connosco para informarnos do caso e seguimos insistindo na necesidade de denunciar sempre ante a policía calquera caso de malos tratos animais.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.