luns, 1 de decembro de 2014

E AGORA QUE?

Aplicando a lóxica do Ébora, se non hai volta atrás, o Concello, que somos todos, xa pode ir afastando a partida correspondente para efectuala demolición da parte afectada e para compensar aos afectados que non vai se «moco de pavo». Nese caso a familia propietaria tivo que pechalo seu medio de vida.

Escoitando ao alcalde está claro que se se ve obrigado, vai acatala sentenza. E aínda que lle caian «paus» ten toda razón, xa que se é inhabilitado non podería volver a presentarse, e o que suceda vai se ver na mesma tesitura, xa que as sentenzas non prescriben.

Isto é algo que debería ter en conta o impostor que temos de presidente na Comunidade, que se nega a acatala sentenza pola cal acadei que o solar no que temos o local da comunidade, pasase a ser de tódolos comuneiros, sen que el movese un dedo, xa que até onde sei segue sendo propiedade de exreitores, xa que a donataria aínda non me pagou a parte das costas que lle impuxo o xuíz, quedando absoltos os donatarios porque se achandaronse á demanda, cando como consta en acta, estaban cheos de razón e a pesar de que din, que se nós tiñamos a razón, pagarían eles... notase que o xuíz non quixo ollar iso.

El Correo Gallego: O TSXG obriga a derrubar parte do edificio Maraxiña de O Son

O tribunal tombou outro recurso do Concello contra a sentenza que anulou a licenza por exceso de edificabilidade // Agora volverase a apelar en casación

A derriba parcial do edificio Maraxiña de nova planta construído sobre a antiga conserveira de Porto do Son, na rúa Barranqueira esquina avenida de Galicia, segue adiante tras ditarse un auto contra o que xa non cabe recurso ordinario algún.

O Concello recibiu o último revés nun litixio que data de hai 16 anos, cando tivo lugar a denuncia por parte dun veciño que indicaba que o portal 2 incumpría as normas subsidiarias do Concello ao exceder en 30 centímetros a altura e non respectar, por 16 centímetros, o retranqueo á rúa Barranqueira.

A primeira sentenza, que data do 16 de xaneiro de 2003, anulou a licenza de primeira ocupación do citado portal e obrigaba á restitución dos bens afectados á legalidade. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar un novo recurso de reposición presentado polo consistorio contra o auto do mesmo tribunal que o 1 de outubro deste ano volveu dar orde de executar a sentenza.