mércores, 26 de novembro de 2014

Varamento na praia de Subiglesia «Porto do Son»

Arroaz varado nesta praia, polo que por parte de quen corresponda debería proceder á súa retirada. Non puiden avisar no Concello porque recuncaba á casa andando e non podía dar media volta.

Na zona onde está é raro que ninguén advertise da súa presencia, mais aí segue descompoñéndose dando xa mal olor.

Engadido o 12/02/15. Despois de que publicase este chío na miña conta do Twitter, xa desapareceu: Paréceme mentira que a día de hoxe este #golfiño siga descompoñéndose no #PortodoSon, sen que ninguén se apiade de el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.