luns, 10 de novembro de 2014

Campionato de taekwondo en Porto do Son

PORTAL WEB DE PORTO DO SON: Campionato galego junior Taekwondo

Unha das máis importantes citas deste ano 2014 na especialidade de combate. O clube Taekwondo Natural Sport-Videlgi coa colaboración do Concello de Porto do Son e a Federación Galega de Taekwondo organizan este evento.

Este campionato é puntualizable para acudir aos campionatos nacionais de 2015 que á súa vez serán puntuables para acudir ao Europeo Junior dese mesmo ano, polo que a cita contará cos primeiros espadas do taekwondo galego, con rapaces cuxas idades irán comprendidas entre os anos de nacemento deo 2001-2000-1999-1998.

Nestes eventos soen participar entre 150 e 200 deportistas, que a pesares da súa xuventude, contan cunha calidade técnica espectacular e o nivel deportivo que amosaran será moi elevado.

Prevese unha participación duns 30 equipos de toda Galicia.

O Natural Sport participa cun equipo duns 20 deportistas, nos que destacan Pili Rodríguez (pasada campiona de España Cadete), Laura Dosil (campiona de España Junior e 4ª clasificada no Mundial 2014) e outros deportistas que moi pronto despuntarán nesta categoría.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.