sábado, 11 de outubro de 2014

Pequeno lavado de cara... Alguén tiña que facelo!!!


Despois de que o Concello fixese a súa labor, retirala maleza en torno aos monólitos erixidos en lembranza das cinco vítimas asasinadas aquel nefasto 12 de outubro de 1916, agora tocaba adecentalos, repoñéndolle as 5 plantas que lle colocara o ano pasado, porque catro simplemente desapareceron, e tratar de impedir que afloren de novo as malas herbas polo menos ao seu carón.

Hoxe coa axuda dun fillo, limpámola zona colocámoslle unha tela antiherbas e botámoslle grava para evitar que voe. Ademais con un bruzo, sacámoslle o musgo que tiñan. De esta forma no acto de mañá lucirá un pouco mellor, algo do que se aproveitaran tamén outros.

Tiña unha promesa de realzala zona que se truncou pola avaricia política. Simplemente era levantar un muro até a altura da beirarrúa, máis desde aquela ningún goberno fixo ademán de nada.

Tal día coma hoxe: Once de outubro de 1916 no local da Liga Agraria de Nebra había inquietude. Saben que comezaron os cobros e os embargos.



1 comentario:

  1. Gracias por darle vida al entorno y no le des más publicidad a esos aprovechados. A esta alturas, ya solo se engañan entre ellos.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.