mércores, 15 de outubro de 2014

Grazas a todos e todas pola vosa presenza


Nesta ocasión Isaac Blano, foi o encargado de depositalas flores, que contou nun principio coa axuda de seu irmán

Como ben sinala o redactor, a homenaxe consiste en dous actos. O primeiro é unha misa na súa memoria, á que acudiron netos, bisnetos e tataranetos de dúas ramas familiares, de Antonio Sobrado Luaces, o único home asasinado.
A Cans acudiron os bisnetos e unha tataraneta, así como veciños que tamén tivemos familiares na refrega, ademais de veciños doutras parroquias e Concellos.
El Correo Gallego: Nebra homenaxeou aos veciños fusilados en 1916
M.G.
Un grupo de veciños da parroquia sonense de Nebra, entre os que se atopaba o exalcalde Manuel Tomé, volveu render unha homenaxe aos cinco veciños que foron abatidos pola Garda Civil en 1916 cando esta disolvía unha protesta contra un tributo agrario que consideraban abusivo e negábanse a pagar. Os actos, organizados por Francisco Calo, coñecido popularmente como Paco do Martelo e que este ano chegaron á súa décimo quinta edición, comezaron cunha misa en memoria das vítimas e continuaron coa tradicional ofrenda floral ante o monólito situado na ponte de Cans, onde ocorreron os feitos.
Este ano o Concello tivo o detalle de retiralo mato da zona, e nós coma sempre arranxámolo seu entorno, algo do que tamén se aproveitan outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.