xoves, 25 de setembro de 2014

Información do Concello sobre o Punto Limpo

A pesar de estar na nosa parroquia e que comezando polo presidente que non o quería ou de feito atrasou máis de medio ano levalo a unha asemblea, a xente segue tirando a "SÚA MERDA" no monte que é de todos, cando non a tira en propiedades que non son súas.
Isto está guindado onde varias empresas tiran, non sei se aprobado pola comunidade e a cambio de que, nalgúns casos refugallos de obra, teño fotos, e noutros que seria o normal, terra vexetal.

Agardemos que recapaciten porque segundo vin en zonas que teñen colocados carteis, en Nebra, desde logo non, a sanción máxima esta taxada en 1,750.000 €, e nesta ocasión o sancionado igual non ten a quen acudir para que, como pasou nunha ocasión o salven de pagar 300.000 €, por queimar na SÚA propiedade (friso) un plástico moi contaminante, aínda que polo visto agora non dá pagado o favor.

Así é como algúns defenden aos que contaminan a NOSA TERRA!!!

Vertedoiros ilegais en Puílla


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.