mércores, 20 de agosto de 2014

Rapa das Bestas (Baroña)


Agradecer a Ovidio e á Comunidade de Montes de Baroña, a invitación a participar nesta rapa tan especial e a colaboración prestada para poder elaborar todo este material audiovisual.

Foi unha xornada moi especial que rematou, como non podía ser doutra maneira con un xantar a base do típico churrasco, críollos, regado con toda clase de bebidas, prostres e café con gotas. Como se di nestes casos... a reventar!!!

Ao que tamén fun invitado xunto co curmán que me acompañou. Polo que o agradecemento é triplo.

A resalta colaboración d@s máis pequerrech@s, atent@s en todo momento ao avatar da faena e colaborando no encerro.

La Voz de Galicia: Setenta reses foron aseadas e identificadas na Rapa das Bestas de Baroña

O Curro da Enxa, situado en terreos da comunidade de montes de Baroña, concentrou onte a uns cincuenta visitantes, que se achegaron a observar rapa das bestas deste ano. Tratouse dunha actividade destinada á limpeza dos animais, non da típica festividade asociada ás romarías. Ao longo do día, cinco comuneiros, coa colaboración dalgúns veciños, protagonizaron os labores de coidado que realizan tres veces ao ano sobre os equinos. Raparon a setenta cabalos, de entre eles doce poldros.

Xan Ovidio Queiruga, presidente da comunidade de montes de Baroña, explicou o sistema utilizado nesta ocasión: «Primeiro rapamos ás bestas para evitarlles a calor do verán, despois desparasitámolas polo tema dous insectos e sobre todo das moscas. E para rematar identificamos aos que aínda non teñen chapa nin microchip». Nesta edición identificaron a 17 animais, coa tradicional chapa amarela e o microchip obrigatorio da Xunta de Galicia.

Selección dos grupos

Segundo relatou Queiruga, o método que utilizaron os membros da comunidade para reunir ao gando consistiu en xuntar aos animais de cada peche nos que se subdivide o monte nun só curro. Alí, tras os traballos de mantemento, seleccionáronse os novos grupos para volver separalos en cada peche. O criterio é o de separar a nais e fillos para que non se cren problemas de consanguinidade. Tamén inflúe a capacidade de cada semental. As mandas adoitan estar formadas por un macho e unhas quince ou vinte femias. A experiencia repetirase en outubro.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.