xoves, 21 de agosto de 2014

Moito control e radar de día, e pola noite?



O choque produciuse na parroquia de Carballosa, cando un dos vehículos perdeu o control e chocou con outro que estaba estacionado

Unha chamada efectuada por un particular ao Centro de Emerxencias 112 Galicia mobilizou, pasadas as doce da noite, un espectacular despregamento de medios para socorrer a dous ocupantes dun turismo que se viron envolvidos nun espectacular accidente en Carballosa, Porto do Son.

O brutal choque produciuse cando o condutor do turismo gris, con placas de matrícula 2289-CSW, perdeu o control do seu vehículo, invadindo así o carril contrario até chocar con outro cuadriciclo estacionado, o cal tamén sufriu cuantiosos danos.

Despois de bater contra o citado vehículo aparcado, o coche accidentado saltou a beirarrúa, e acabou encaixado contra un muro que derrubou e que, por fortuna, acabou freando o coche.

Os Bombeiros de Boiro e Ribeira foron os encargados de excarcerar aos feridos, ambos duns trinta anos de idade naturais da Pobra do Caramiñal e que, segundo sinalaron fontes de Protección Civil de Porto do Son, "foron evacuados polo 061 ao Hospital, un deles en estado reservado".

Até o lugar desprazouse, ademais de Bombeiros e Protección Civil, a Policía Local e Garda Civil de Tráfico, que serán os encargados de elaborar o ateigado. Non se descarta ningunha hipótese como causa principal do accidente.

Foto: Cedida por Protección Civil de Porto do Son

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.