venres, 22 de agosto de 2014

Festas do Carme ~ Portosín


El Correo Gallego: Portosín honra á Virxe do Carme xunto a Quintana

M. MANTEIGA (18.08.2014). A localidade mariñeira de Portosín, en Porto do Son, celebrou a festividade da súa patroa, a Virxe do Carme, con asistencia da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; do alcalde, Luis Oujo, e autoridades marítimas. E, como vén sendo habitual, o momento central chegou coa procesión vespertina pola ría -este ano portou a imaxe a embarcación Orión- e a ofrenda no mar. Así, o domingo foi día grande da Festa do Carme de Portosín, que incluíu pola mañá unha misa no peirao e, xa pola tarde, a citada procesión, todo nun día no que o tempo acompañou con sol e calor. Xa pola noite, quenda para a música, coa orquestra París de Noia e a Agrupación M. Candela.
Na sardiñada-xurelada, do sábado colaborou o equipo de veteranos de Portosín, ademais de outros voluntarios, entre os que se atopaba Manel, o edil de festexos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.