venres, 15 de agosto de 2014

Festa da Nosa Señora de Nebra e II Mercado

Ás veces por moita ilusión que lle poñamos a unha cousa, se te falta o apoio da xente que promete implicarse, falla todo.

Isto foi o que lle pasou hoxe á Comisión de Festas co II Mercado que unha ducia de vendedores comprometeron a súa presenza, e só se presentaron estes tres. Curiosamente o das figuras, non puido comprometerse, mais aí está.

Ao remate da misa que é as 13:15H., sesión vermú co Cuarteto Rumba de O Son e o Grupo Acuarela, todo acompañado de pincho xentileza da Comisión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.