mércores, 13 de agosto de 2014

13 de agosto: Día dos zurdos

Descoñezo os cartos que custou escribir tantas estupideces, sobre os que somos zurdos e zurdas. Por sorte hoxe en día como podedes ollar na foto, xa se fabrican cousas polivalentes, como esta peladora manual de patacas, aínda que en moitas outras na súa maioría prevalecen as fabricadas para os destros.

Antigamente os ferreiros previo encargo, facían fouciños para zurdos. Así era como o conseguía o finado de meu avó de Resúa, que  transmitiu
nos os seus xenes nesta faceta. Miña tía (Q.E.P.D) tamén era zurda.

1: O 13 de Agosto é o día das persoas zurdas.

2: Un estudo afirma que os zurdos temos máis tendencia a converternos en alcohólicos, esquizofrénicos ou disléxicos. Primeira na fronte, practicamente son abstemio, para nada esquizofrénico e moito menos disléxico.

3: As conexións do cerebro dos zurdos son mais rápidas, polo cal poden ser mais sensibles a diferentes estímulos.

4: Está comprobado que a maioría dos asasinos seriais teñen a característica de ser zurdos, aínda que tamén o son e foron personalidades como Paul McCartney, Albert Einstein e Benjamin Franklin, entre outros.

5: As persoas zurdas tenden a debuxar rostros ou figuras que ven cara á dereita. Non todos, eu debuxo tal e como observo o obxectivo.

6: Se unha muller ten un fillo despois dos 40 anos, ten 130% mais probabilidades de ter un fillo zurdo que se o tivo cando tiña 20 anos.

7: Só o 10% das persoas no mundo son zurdas.

8: Estudos revelan que para os zurdos é 100 veces mais fácil aprender a usar a man dereita para poder escribir ben, que para os destros aprender a usar a man esquerda. Depende, se lle fan como me fixeron a min e a compañeiros, vaia se aprenderían igual. Na casa se comía coa zurda Zas! e na escola Ídem, co agravante de que poñíannos nun dedo un tubo de optalidón.

9: Só o 1% da poboación pode ser considerada ambidextra.

10: A palabra "zurdo" provén da palabra anglosaxoa "lyft" que significa "débil" ou "roto".

11: Aínda hoxe en día en diferentes partes do mundo, principalmente no medio oriente e Asia, moitos nenos son castigados en escolas por usar a súa man esquerda, isto nalgunhas partes significa que es un fillo do demo. Por sorte esa prohibición aquí xa non se dá.

12: Mentres que en media na maioría de países a porcentaxe de persoas zurdas é dun 10%, en Xapón curiosamente é só do 2%. Isto débese a que aos nenos ensínanlles a usar só a súa man dereita na maioría de cidades e escolas. Por que non engadiron isto no punto anterior? Cal é a diferenza?

13: Os mellores deportistas do mundo foron e son zurdos. (Maradona, Pele, Nadal, Messi). Nadal non era zurdo, foille imposto! Poderoso cabaleiro é don diñeiro!

14: Durante a Santa Inquisición aos zurdos perseguíaselles e queimaba vivos por ser supostos "Servidores de Satanás". Vexase artigo 11.

15: O maior mito dos zurdos é que chegan a vivir entre 9 e 10 anos menos. Isto fíxose moi popular, pero despois desmentiuse! O estudo que fixo unha famosa organización deuse conta que non tomou ben moitos datos e deron mal ese resultado, a esperanza de vida de zurdos é igual que a dos destros. Debémoslle agradecer que rectificaran?

16: É mais doado para os destros aprender a usar o pé esquerdo que para os zurdos aprender a usar o pé dereito. (Por exemplo para xogar fútbol e pegarlle igual de ben coas 2 pernas).

17: Coñécense moi poucos casos de xemelgos nos que ambos sexan zurdos.

18:
Os zurdos son moi propensos a ter alerxias a diferentes cousas. Ben aos 54 anos detectáronme que son alérxico ás quinoleínas.


19: Fixeron un estudo onde puxeron a 100 persoas a ver unha película de terror, a metade zurdos e a metade destros, os resultados arroxaron que o 40% de zurdos tivo moito medo, comparado cun 20% dos destros. En poucas palabras, os zurdos teñen máis medo. No meu caso é FALSO e coñezo a moitos destros que si teñen máis medo.

20: Nun estudo realizado con mais de 1.4 millóns de persoas, atopouse que os zurdos teñen unha taxa moito mais baixa de artrite e úlceras. De momento no sufro de ningunha de estas patoloxías.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.