martes, 1 de xullo de 2014

Non son amigo de andarme polas ramas!!!

Comentario que me vin abocado a publicar no meu muro de Facebook

Bos días... por educación porque a carraxe faime dicir isto:

Onte partillei como denuncia un vídeo no que uns FILLOS DE PUTA, queimaron vivo a unha cría, non sei se de gato ou can, porque a verdade doume tal NOXO que non fun capaz de ollalo seu triste final.

A escena dantesca é esta: méteno nun barreño e bótanlle o que ao final resultou ser un líquido inflamable e logo préndenlle lume... non sigo, porque xa se me pon a pel de galiña.

Ben a pesar da miña claridade ao principio do texto, aquí o deixo máis claro por se non se me entendeu ben: GRANDISIMOS FILLOS DE PUTA, CAGOME NA LEITE QUE MAMASTEDES POR NON SAÍRVOS ASIDA.

Agora ben a segunda parte. Leo no balado do amigo Luis Vidal, que denunciou o vídeo (eu tratei facelo, máis ao contrario que noutras ocasións, neste caso non fun quen de conseguilo, polo que o felicito, a pesar da evasiva que recibiu)...

«Queimar un animal vivo e publicar o vídeo en FB:
"Revisamos el video que reportaste por contener violencia gráfica y no nos parece que infrinja nuestras Normas comunitarias."».


Síntoo moito señores MANIPULADORES do FB, mais se non rectifican iso, a partires de agora, usarei a conta coma mero contacto coa familia e amizades que fixen por aquí. XAMAIS volverei a subir vídeos e fotos da miña creación (onte o álbum de Terras de San Pedro e Cabo de Cruz, bateume tódolos récord que tiña até o momento con 40 GÚSTAME, sen contabilizar os das fotos individualmente, e os vídeos). ou partillar outros... e se lles molestan as VERDADES que digo, xa tardan en pecharme a conta... de ese modo poderei dedicarlle máis tempo a outras cousas, coas que me manexo máis a gusto por Internet.

Ah é para que isto teña maior difusión, fago a excepción de en vez de publicar esta crítica só para as miñas amizades, ábroa para o publico en xeral.

Facebook: Desculpa, esta páxina non está dispoñible.

Menos mal que antes de eliminarma, fíxenlle a captura de pantalla que lles dá a benvida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.