sábado, 5 de xullo de 2014

As miñas desculpas aos excompañeiros

Invitado por unha curmá para apoialos desde este blog nesta XUSTA reivindicación, por problemas de saúde, físicos sobre todo, non me foi posible achegarme ao Son, aínda que por prevención, o día anterior comunicaralle que, aínda que me siga moita xente, aparte de falarmo a min era bo que se puxesen en contacto coa prensa e a televisión.

Non sei de quen é culpa do que pasa, mais estou seguro que os políticos que están agora na Xunta, ao igual que outros estiveron antes, a primeiros de mes cobran «relixiosamente» a súa nómina. E estas profesoras teñen o mesmo dereito a cobrar polo seu traballo, sen ningún tipo de dilación e a contar con unhas instalación dignas onde impartilas súas clases, porque o único día que fun á clase estabamos máis apertados que as pallas nunha alpaca.

Agora ben, se é certo que queren suprimir as clases de adultos lembrarlles aos culpables, que non todos tivemos o privilexio de ter posibilidades de estudar no seu día, aínda que visto como algún nos leva vacilando máis dun ano, no meu caso case prefiro ser analfabeto, honrado e pagala miñas débedas, para poder mirarlle á cara á xente.

Réstame felicitar ao representante de Podemos, aínda que non o coñezo, que a pesar de non ter representación no concello, polo visto sumouse a esta reivindicación, aínda que a noticia non o mencione.

La Voz de Galicia (Raquel Iglesias): Estudantes sonenses protestan para que non se supriman as clases de ESO para adultos

Os profesores ameazaron con impartir as materias en plena rúa para que o servizo siga funcionando

As protestas relacionadas coa educación volveron ás rúas sonenses. Despois de que nos últimos meses centenares de familias mobilizásense para pedir a xornada única en tres centros do concello -a loita deu os seus froitos e o horario continuo instaurarase o próximo curso- esta vez os protagonistas son un grupo de alumnos das clases de ESO para alumnos. Onte reuníronse nas escaleiras da casa consistorial para propor as medidas de presión que levarán a cabo para que o servizo non se suspenda.

Os afectados aseguran que as clases se deixaron de impartir no mes de maio e que aínda non se renovaron, polo que os «estudantes están totalmente desamparados», afirmou unha das profesoras, Begoña Lesende.

Ao parecer, son corenta os afectados e hai algúns que tiñan pensado presentarse aos exames de setembro e que se quedaron sen este tipo de ensino. Os docentes ameazan con impartir as materias en plena rúa para que o servizo siga funcionado. «Estas clases para adultos ofrécense desde hai tres anos e non queremos que Porto do Son perda un servizo tan importante. Os alumnos necesitan o título para continuar os seus estudos e conseguir un traballo». Nos próximos días presentarase un escrito na casa consistorial e está previsto que os estudantes acudan ao pleno do xoves para facer oír as súas reivindicacións.

O alcalde responde

O alcalde, Luis Oujo, asegura que aínda non se recibiu a subvención da Xunta de Galicia necesaria para poder continuar co servizo e que se fará todo o posible para que as clases se renoven.

«Os alumnos necesitan o título para continuar os seus estudos e conseguir un traballo»: Begoña Lesende

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.