luns, 16 de xuño de 2014

Poñéndolle rostro a Don Ramón e a Ton

Aproveitando que tiña unha cita médica, achegueime a visitar a unha familiar recentemente operada, e como non estaba, subín até o miradoiro da atalaia para facer tempo e pola atracción que lle teño á mar, para tirar algunha foto desde alí.

Ao baixar encontreime con Don Ramón, que acudía á súa cita de tódolos luns na segunda hora do programa «entrerías» de Ton Lorenzo. Despois de cruzarnos o saúdo de rigor, despedímonos. Porén, como un día chamara á radio, tiña gañas de saudar persoalmente a Ton, polo que dei volta e fun tras Don Ramón, que invitoume a subir con el emisora, para presentarmo.

Sempre me gustou a radio, mais nunca estiven nunha emisora, aínda que si teño chamado varias veces a algún programa. A primeira vez fíxeno fai moitos anos para un concurso da «Radio Galega». E fai 5 ou 6, camiño de La Felguera (Langreo-Asturias), chamei por dúas veces ao programa de Marcial Mouzo «Pensando en ti». Nesta ocasión pensei que ía como mero oínte en directo e agasalláronme con 5 minutos de Gloria, mais o que non me agardaba era que me invitasen a participar no programa. A pesar desas experiencias os nervios afloráronme, en parte porque por culpa dun Ictus, cústame vocalizar como antes.

Porén a experiencia foi moi fermosa, e sobre todo porque ao chegar á casa, recibín unha chamada de Mari desde Cádiz para felicitarme polas verbas de agradecemento que lle adiquei, aínda que debido a que na radio o tempo é ouro -hoxe puiden comprobar isto que levo escoitado toda vida- faltáronme agradecementos tanto a veciños e veciñas, como a xente doutras parroquias que, cando ollaron que tras a miña operación volvía ao candeeiro interactivo, felicitáronme persoalmente. Por coincidencia familiar un deles foi Moncho o sobriño de Mari... deben levalo nos xenes. Máis a lista é interminable...


A isto foi referinme, nalgún instante do programa. Salvo as plántellas, o resto foron para aos contedores que estaban a escasos metros e 4 tapóns recuperados.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.