sábado, 7 de xuño de 2014

Moitos Parabéns Isaac e Sergio

Hoxe celebrouse en Vilalba a final galega de taekwondo escolar na modalidade de combate, na que participaron 240 deportistas que lograron a súa clasificación nas fases provinciais, no que dous veciños de Nebra brillaron por partida dobre.

Isaac, da familia Graciano de a Igrexa fíxose coa medalla de ouro na súa modalidade e Sergio, da familia da Coxa de Resúa, na súa, coa de bronce.

A final da modalidade de combate comezou ás 10 horas nos seis tapices dispostos para a competición. En total celebráronse 180 combates para deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2002 e 2003) e infantil (nados nos anos 2001 e 2000), que foron dirixidos por 27 árbitros. As e os deportistas competirán coas pertinentes proteccións, pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

Nota de Ximnasio Maniotas, na súa conta de Facebook: A Escola de Taekwondo Maniotas de Noia Subcampiona Galega de combate no Deporte Escolar. E Subcampións tamén en categoría Alevín. Cun total de de 16 medallas, 10 na categoría alevín: 3 ouros para Isaac Blanco, Marcos Lourido e Óscar Ortigueira e 7 bronces para Kevin Barreiro, Sergio Romero, Adrián Martínez, Sofía Miranda, Xiana Gómez, Mónica Caamaño e Elisa del Puerto. E 6 medallas na categoría infantil; 2 pratas para Zayra García que fixo unha espectacular competición e que se lle escapou a final por moi pouco nunha acción máis que dubidosa da súa contrincante , E a outra prata para Ángel Remuiñán. E 4 bronces que foron para Nuria Becerra, Sabela Morales, Jesús Veiga e Alex Bellu. Noraboa a TOD@S!!!


Clasificación infantil

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.