domingo, 8 de xuño de 2014

II Xuntanza interparroquial

Organizado por Don Ramón o cura párroco de Santa María de Nebra, San Sadurniño de Goiáns, San Martiño de Miñortos, San Xoán de Camboño e San Pedro de Boa, coa colaboración das catequistas de cada parroquia, tivo lugar a Segunda Xuntanza interparroquial, no marco incomparable da Capela de San Quietán-A Silva-Portosín, que contou coa actuación dos Grupos: Canlebó de Camboño, Axóuxeres de Miñortos e Falcoeira de Nebra.

Un polbeiro, encargouse preparar o tradicional polbo á feira e churrasco, mentres entre prato e prato un DJ, amenizou coa súa música, o serán até a posta do Sol.

Pola súa parte o Concello colaborou coa instalación dunha carpa e outros mesteres.
II Xuntanza Interparroquial




































Ligazón ás fotos das Igrexas:
Nebra, Porto do Son-Goiáns_Porto do Son-Miñortos, Porto do Son-Camboño_Lousame-Boa_Noia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.