mércores, 16 de abril de 2014

Vía Crucis 2014 «Porto do Son»


A verba Vía Crucis, significa "camiño da cruz" e refírese ás diferentes etapas ou momentos vividos por Xesús desde o momento en que foi detido na horta de Getsemaní até a súa crucifixión e soterramento.

Noite moi apracible que congregou ao largo do percorrido a máis dun cento de persoas, onde, de novo, a Banda de Tambores da Confraría fixo retumbar as rúas do Concello.


Os máis pequenos portaban os farois e de dar lectura aos pasaxes bíblicos encargouse o sacerdote venezolano Jymmy e o coro da Confraría, acompañado polos asistentes, dos cánticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.