venres, 25 de abril de 2014

Terras de Camboño


Un paseo fugaz por esta bela parroquia (San Xoán de Camboño) pertencente ao Concello de Lousame e noutrora ao de Porto do Son, deume pé para crear este vídeo coas fotos que fun recompilando.

Camboño non ten mar, mais como me comentaba unha veciña, «antes ollabámola ría con toda súa inmensidade, porén agora por culpa dos eucaliptos estamos a perdela de vista.

Este comentario fíxome recapacitar e cando estaba montando as imaxes déuseme por engadirlle dous temas de Carlos Núñez relacionados co mar..., magoa que por este motivo nalgúns países non poidan gozar do vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.