luns, 7 de abril de 2014

Romaría de San Lázaro 2014

A pesar do constante orballo que non deixou de caer en toda mañá, centos de romeiros e romeiras volveron a congregarse a carón da capela de San Lázaro, para escoitalas misas que houbo a longo do día e cumprilas súas promesas e ofrendas.

Innumerables postos de venda de: velas, rosquillas, churros, polbo e chuches, ademais das consabidas palmas para o domingo de Ramos, profundaron no aire romeiro e festivo. De poñela nota musical encargouse a Banda de Música de Noia.

A todo isto o Concello tivo a ben organizar un concurso de polbeir@s, no que resultou gañadora Pura García do bar París, que adornou o prato co tradicional polbo acompañado dun pincho de gambas, polo que levou o premio de 500 €. O segundo foi para Pulpalia S.L., embolsándose 300, e Mambís quedou de 3º, e cos 200.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.