martes, 29 de abril de 2014

Primeiro cabodano de meu pai

Paseniñamente, como corre o tempo, e máis cando un ser querido déixanos antes de tempo. Xa vai aló un ano desde que meu pai partiu para xuntarse con miña nai, que tamén deixounos noutro fatídico 17, no seu caso en xaneiro de 1978, con tan só 48 anos. R.I.P., os dous.

Á miña mente venme este poema da nosa gran Rosalía:
Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lua vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cal se deita, cal se esconde
mentras tanto corre a lua
sin saberse para donde.

Para donde vai tan soia
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale nin nos oia.

Que si oira e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.