martes, 1 de abril de 2014

Presentación do libro "Cando ver aves en Galicia"

Estimados amig@s,

O vindeiro sábado 5 de abril ás 12:30 h. no C.E.N Casa das Insuas contaremos coa presenza dos ornitólogos Antonio Sandoval Rey e Cosme Damián Romay Cousido que nos presentarán o seu libro "Cuándo ver aves en Galicia".

O libro recolle unha ampla e variada proposta para gozar coa observación de aves mes a mes ao longo da xeografía galega. Unha obra rigorosa e amena de imprescindible consulta para os que queiran sacar o máximo partido as súas excursións ornitolóxicas por Galicia.

Previo á presentación deste libro, ás 10:30 h., terá lugar a reunión informativa para a provincia de Lugo do III Atlas de las aves reprodutoras de España organizada pola SGO e dirixida a todos os interesados en participar neste interesantes proxecto colectivo.

Esperamos que estas actividades sexan do voso interese.

Saúdos agarimosos

A Xunta Directiva
custodiadoterritorio
casadasinsuas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.