luns, 31 de marzo de 2014

Tan fráxil é a memoria dos políticos ante as eleccións?

Lémbrome coma se fose hoxe. Por mor de acudir ao Parlamento coa intención de recoller unha intervención da Comisión 7ª onde o Conselleiro de Agricultura, Diz Guedes, respondíalle aos deputados naquel entón do BNG, Emilio López (Milucho) e Suso Vega, por mor da Concentración Parcelaria na parroquia, ese día debatían a supresión da peaxe na autoestrada Coruña-Carballo, lucindo tódolos deputados da oposición un cartaz no peito que dicía: Non á peaxe na AG-55.

O PP grazas á súa maioría, non deu o brazo a torcer. Porén ano e medio despois o PSOE e BNG, fixéronse coa Xunta, e o PSOE aplicou aquilo de «onde dixen digo, digo Diego», mais o BNG, podendo, non fixo a forza precisa para dobregalos.

Agora que temos as eleccións á vista, dende a oposición volven á carga esixindo a supresión e gratuidade das autoestradas, algo que aplaudo, mais pregúntome, como non fixeron ren, cando tiveron a tixola pola man, como neste caso?

Mentres teña folgos GRITAREI ALTO e CLARO, para facernos esa «cacicada fascistoide», particularmente, sairiamos mellor parados se gobernase o PP.

Quien no te conozca, que te compre.
02/09/2005: A nova Xunta xera expectativas sobre a gratuidade da AG-55

O nacionalista Henrique Tello advirte de que o bipartito debe cumprir as súas promesas.
Touriño sinalou que liberará a taxa de Rande, o que abre a porta para a supresión doutras.

15/02/2006: A AG-55 volve quedar fóra dos acordos sobre supresión de peaxes

Todas as forzas políticas da zona reclaman a gratuidade da autoestrada A Coruña-Carballo.
O BNG considera que o Goberno bipartito da Xunta debe cumprir as súas promesas.

28/04/2006: A oposición achaca a Touriño un troco de opinión sobre a gratuidade da AG-55

18/10/2008: «Todos os que formabamos parte dela seguimos contra a peaxe»

03/7/2010: O BNG denuncia que os descontos que se aplican na AG-55 non compensan a nova subida da peaxe

28/04/2011: Rexeitada no Parlamento de Galicia unha iniciativa máis para a supresión da peaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.