xoves, 6 de marzo de 2014

Praia da Aguieira tras as cicloxénesis explosivas

Temporal tras temporal desde finais de decembro, o mar foi recortando perigosamente as súas dunas, co perigo de que se antes do verán o mar non devolve parte desa area, o transito de centos ou quizais miles de persoas por riba de elas para baixar á praia, pode agravalo problema, ao estar cortadas perpendicularmente.

Na era da información o que ollo peor é a man do home. No corto paseo que fixen, puiden atopar de todo, botellas de plástico, de cristal, latas de bebidas, e quizais o peor de todo, foi dar con unha pila que decidín inmortalizar e recoller para depositar no contedor apropiado. Outro día levarei unha bolsa para botarlle unha man á natureza.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.