martes, 18 de marzo de 2014

Malo que o presidente e o seu partido non sexan quen de aprecialas diferenzas, entre expropiación, cesión e roubo

Montse Prado, na súa conta de Facebook a raíz do seu apoio aos mariñeiros do cerco.
13 Marzo: Está claro do lado de quen está @obloque

Paco Do Martelo. Montse, gustaríame saber neste caso de lado de quen estaba o BNG e o exbigoberno, ante este atropelo?
Expropiación ilegal
Medio Rural non contesta

Dado que a señora Prado non se dignou a responderme a ningunha desas preguntas aproveito esta noticia para que xunto cos seus compañeiros, saiba discernir entre:

A Expropiación, é unha institución de Dereito Público que consiste na transferencia coactiva da propiedade privada desde o seu titular ao Estado, mediante indemnización: concretamente, a un ente da Administración Pública dotado de patrimonio propio. Pode expropiarse un ben para que este sexa explotado polo Estado ou por un terceiro.

A Cesión: é a renuncia dunha posesión ou un dereito a favor doutra persoa ou organismo.


O roubo: é un delito contra o patrimonio, consistente na apropiación de bens alleos.
La Voz de Galicia: O arranxo do paseo marítimo de Boa requirirá a cesión de novos terreos


Barbanza/Marta Gómez: Os danos causados polos temporais tamén afectaron á estrada

Dentro do paquete de intervencións de urxencia que acometerá o Goberno central a través da Demarcación de Costa para reparar os danos causados polos temporais dos últimos meses anunciouse unha actuación no litoral de Boa, en Noia. Segundo informouse desde o goberno local, a actuación que se acometerá nesa zona non será peccata minuta, xa que os danos causados polo mar tanto no paseo marítimo como na estrada que pasa pola zona son importantes. De feito, requirirán a cesión de novos terreos para que poidan acometerse os traballos.

A forza do mar non só afectou ao paseo de Boa Grande, que permanece cortado desde hai semanas debido, precisamente, aos danos sufridos, senón tamén á estrada. A erosión do terreo fixo que viñese abaixo a parte da plataforma da vía máis próxima á praia e será preciso modificar o trazado, polo que desde Costas de solicitou a colaboración do Concello para que xestione cos veciños con propiedades na zona a cesión dos terreos necesarios.

Ademais, será preciso modificar a anterior estrutura do paseo, que resultou moi danada, para garantir a súa estabilidade e evitar que volva resultar tan afectada polos temporais.

No verán

Pola súa banda, desde o Concello piden a colaboración dos veciños na cesión dos terreos. O obxectivo é axilizar as xestións todo o posible para que o paseo de Boa e a súa contorna estean recuperados para a tempada estival.

Por agora confirmouse a intervención da Demarcación de Costas para acometer a actuación en Boa, pero os danos ocasionados polo mal tempo no municipio noiés alcanzaron a outras zonas do litoral. Tamén en Testal rexistráronse danos e será preciso retirar a caseta dos socorristas.

No seu momento, o executivo noiés cifrou en 250.000 euros o custo de reparar os danos causado polos temporais.

A intención é que a zona se atope en perfecto estado este verán
Estou seguro que Bieito, en ningún caso fará en Boa o que lle fixo o seu compañeiro, Suárez Canal e o seu curmán a meu pai, que ademais de ser un emigrante, era tan galego coma esa xente que por intereses electorais din defender. Isto dáme dereito a dicirlles alto e claro: ÍDELLE CON ESE CONTO A OUTROS E A OUTRAS!!!


2 comentarios:

  1. ¿Por qué solo le echas la culpa al Bloque, si cuando os hicieron esa aberración el presidente de la Xunta de Galicia era el señor Touriño, del PSOE? ¿No crees que lo más normal es acusar a los partidos?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai unha sutil diferenza, a Consellería estaba en mans do BNG, e porque dada a militancia e familiaridade do presidente co conselleiro foi posible que esta cacicada e ladronicio fose avante.

      Durante o mandato dese conselleiro, moitas comunidades aínda facendo ben as cousas -aprobándoas ans súas xuntas reitoras ou asembleas xerais-, non acadaron os seus obxectivos, porque non eran da súa "corda" e a nós, quíxonos revocar unha subvención trala súa nefasta xestión do lume no ano 2006.

      Ademais quen non nos contestou foi el, a pesar de informarnos extraoficialmente un funcionario, que o presidente remitiralles a acta onde se aprobaba esa obra, cando era falso, xa que nesa data o secretario era eu.

      Igual o fallo estivo en non preguntarlle directamente a Touriño, como foi posible que un dos seus conselleiros se extralimitase nas súas funcións. Dubido moito que o cesase -era o que se merecía, porque precisaba do apoio do BNG, como auga de maio.

      Porén se o conselleiro fose un home integro, o seu deber era presentala súa dimisión irrevogablemente, en canto tivo coñecemento dos feitos, pola contra xunto co seu partido, preferiu mirar para outro lado e agora, como ben digo, van de "salvapatrias" contra as nefastas políticas do PP, como se eles, e aos feitos, remítome, fosen mellores.

      Eliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.