domingo, 30 de marzo de 2014

Interesante proposta para mestres e alumnos

Feiraco: Inscribe aos teus alumnos en... De onde vén o leite?

Se es mestre ou responsable dun centro escolar e queres que os teus alumnos de entre 7 e 8 anos coñezan o día a día dunha granxa, convidámosvos a gozar dunha visita a unha explotación gandeira da Coruña.

Os cativos descubrirán cal é o camiño que percorre o leite dende a orixe ata o seu almorzo, tal e como lles amosamos tamén nos contos De onde vén o leite? Cubre o seguinte formulario para xestionar a reserva da vosa praza. En breve poñerémonos en contacto con vós para organizar a visita.

• Datas: Do 5 de maio ao 20 de xuño de 2014.
• Horario: De luns a venres, polas mañás.
• Duración da visita: 90 minutos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.