sábado, 1 de marzo de 2014

Exposición póstuma de Antonio Vila Paz

Antonio Vila, máis coñecido como Antonio de Carou, naceu na aldea de Calo, Nebra, e cando casou foise a vivir á parroquia de Miñortos.

Está é unha pequena mostra do seu traballo. Os que vivan aquí poden ollalo até o 14, e os que moren lonxe, grazas á maxia de Internet.


Porto do Son: Exposición de maquetas de Antonio Vila Paz na Casa da Cultura de Porto do Son

El Correo Gallego: Tributo póstumo con monumentos a escala en O Son

Purificación Sande, esqda., e súa irmán
Trátase de maquetas de madeira nas que o albanel Antonio Vila reproduciu desde a Torre Eiffel até a de Pisa

A casa de cultura de Porto do Son expón a obra do artesán local Antonio Vila Paz, un albanel falecido fai case catro meses. Trátase de monumentos do mundo cun percorrido por algúns edificios emblemáticos de diversos países, reproducidos en forma de maquetas de madeira. A igrexa da parroquia sonense de San Martín de Miñortos, a torre de Hércules, a torre de Pisa ou a torre Eiffell son algunhas das súas magníficas obras.

A súa viúva, Purificación Sande Fernández, explica Antonio empezou hai 30 anos a elaborar maquetas que reproducen diversos monumentos históricos e outros elementos como copas, cinceiros, cruceiros, hórreos, carros e até un portal de Belén. Unha vez pasados case catro meses do seu falecemento, aos 54 anos, debido a unha cruel enfermidade, a muller do artista accedeu a expor a súa obra co fin de que poida ser admirada por todas aquelas persoas que se acheguen á casa de cultura de Porto do Son.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.