sábado, 18 de xaneiro de 2014

Xa ia sendo hora!!!

Portal web de Porto do Son: Bando conexión saneamento Nebra

É sabido que as cousas de palacio van lentas, mais o tema do saneamento é de escándalo, non só no Concello de O Son, se non nunha gran maioría, co gran inconveniente de que moitos verten directamente as augas fecais ás rías. Como no rural fómonos apañando, somos os últimos para todo, a pesar de pagar impostos coma os que viven na «City», e iso que en Nebra temos a depuradora en Loreto.

Por iso alégrome que aquí poidamos comezar tamén a desfrutar de este servizo que levo reclamando fai uns anos, xa que ao contrario que moitos pozos negros, o noso como foi un dos primeiros en facerse, non foi adaptado para baleiralo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.