xoves, 16 de xaneiro de 2014

Vaia morro teñen na asemblea local do BNG do Son

Si señores, o BNG moito acusar de roubo a outros partidos, agochando e calando o que cometeron eles, por medio da Consellería do Medio Rural e o seu militante e presidente de Comunidade, que dende maio, ocupa dito cargo de forma ilegal.

BNG de Porto do Son: Outro roubo: agora o recibo da luz.

Dende o BNG de Porto do Son dicimos un NON ben grande contra este novo roubo do PP.

La Voz de Galicia: O voto dunha edil do goberno sonense permitiu aprobar unha moción sobre a vía de Xuño a Olveira.

Non sei ben de que vai o tema, máis considero que o ancheamento desta estrada, non só é un beneficio para os veciños da Xuño e Muro, se non para os que de vez en cando tamén a usamos. É sabido que toda mellora nas estradas ou de nova creación, ten inconvenientes para os veciños que algunha vez fomos expropiados. Xeneralizo porque con motivo da reforma da AC-550, tamén nos expropiaron parte da horta, levándonos ademais o peche que tiñamos e por riba a indemnización non nos dou para levantalo de novo, a pesar de ser máis corto.

Comentar como anécdota, que no seu día «estabamos na Ditadura», por mor dunha denuncia, Obras Publicas obrigounos a tiralo e retiralo máis, menos 10 cm., na parte máis ancha. Convencéronnos dicíndonos que se aceptabamos sen reclamar «pecharámola polos lindes de compra», se algún día se ancheaba a estrada, non seriamos expropiados. Porén xa se sabe, e sobre todo en política, as verbas lévaas o vento e como non deixaron nada escrito tocounos apandar.

Nun principio tampouco era para levarnos tanto cacho, máis como na outra beira tiñan un poste de Alta Tensión, retiralo saíalles máis caro, polo que primaron os intereses sobre a seguridade, xa que podían case anular 2 curvas ou facelas máis abertas. Pola contra de ter a casa a varios metros da estrada, botaránola enriba.

Mentres estou escribindo lembreime desta cita de «Marisa Rodríguez: 01.34» Hai amigos que nos momentos importantes ou que os necesitas, de grandes amigos, pasan a ser grandes descoñecidos.

Aquí, ao contrario que Asunción Torres, a Asemblea Local non tiñan que rompela disciplina de voto, porén preferiron venderme e pregarse aos seus propios intereses e aos do partido abalando o roubo e cacicada cometida, que poden ollar no enlace e na fotos que achego da pista coa que nos atravesaron ese agro.

Actuaron con tanta premeditación e aleivosía o presidente e o Conselleiro, que por se acaso nin avisaron a meu pai «eu estaba ausente» para que fixese un aproveitamento da madeira e leváronlle por diante un tractor de eucaliptos, que nunha asemblea o presidente prometeulle restituír e aínda hoxe non tivo tempo.
A corporación sonense celebrou onte o primeiro pleno do ano, unha sesión máis ben de trámite tendo en conta a orde do día, pero que acabou tomando interese cando no apartado de mocións de urxencia saíu a relucir unha proposta do BNG sobre as obras de ensanche da vía que vai de Xuño a Olveira e que están a ocasionar algúns quebradizos de cabeza a moitos veciños, sobre todo da zona de San Pedro de Muro. Contra todo prognóstico, o asunto entrou no debate xa que a ausencia do tenente de alcalde Javier Quiñoy e o voto favorable da edil popular Asunción Torres deixou ao goberno local en minoría.

Torres xustificou o seu apoio a que se tratase a moción pola vía de urxencia e o seu voto favorable explicando que é unha das afectadas polas obras que se están realizando na vía e que non está de máis que técnicos da Deputación -Administración titular da estrada- expliquen o proxecto aos veciños e as posibles melloras. Nesta liña ía a proposta presentada polo BNG.

Resposta aos escritos

A portavoz nacionalista, Ánxela Franco, demandou que desde o Concello se inste á Deputación a atender as propostas que presentaron por escrito entidades como a asociación Tahúme ou a comunidade de montes de San Pedro de Muro. Desde estes colectivos proponse unha serie de modificacións puntuais para evitar prexuízos aos veciños.

Así mesmo, na moción do BNG, acordouse solicitar ao ente provincial que os seus técnicos se reúnan cos residentes ao longo do trazado para escoitar as súas demandas e resolver as dúbidas sobre o proxecto.
Deséxolles toda sorte a estes colectivos, polo que agardo que o PP, non lles faga o mesmo que a nós o BNG: Medio Rural non contesta. A todo isto asáltame unha dúbida, este proxecto non partiu do bipartito (PSOE-BNG) na Deputación?

Se se «mollan» neste tema esta ben claro que non é por defendelos intereses dos veciños e veciñas destas parroquias, polo que me remito ás probas que achego.
O PSOE mostrou o seu total respaldo á proposta do Bloque, e o equipo de goberno, fóra de Asunción Torres, opúxose. O alcalde explicou que as obras están xa suficientemente explicadas e que a petición formulada non ten sentido porque «non se pode modificar o proxecto agora, habería que paralizar a obra». Así mesmo, o rexedor sinalou que os técnicos visitan os traballos todas as semanas «e o veciño que queira pode dirixirse a eles».

1 comentario:

  1. Que os políticos se moven exclusivamente polo voto, non é exclusivo do BNG. É unha estratexia de todos cando están na oposición. Se no caso que apuntas calaron, é porque ninguén tira pedras ao seu tellado, aínda que neste caso amosaron claramente a súa covardía. Seguramente se esa cacicada vola fixera o PP, non teñas a menor dúbida que terías o seu apoio.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.